Grand-Place
praza central de Bruxelas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Grand-Place en francés, ou Grote Markt en holandés, é a praza central de Bruxelas. Está rodeada de opulentas casas gremiais e dous edificios máis grandes, o Concello da cidade, e a Casa do Rei (francés: Maison du Roi, holandés: Broodhuis) edificio que contén o Museo da Cidade de Bruxelas. A praza é o destino turístico máis importante e o punto de referencia máis importante de Bruxelas. Mide 68 por 110 m., e forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1]
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Grand-Place | |
---|---|
Imaxe da Grand-Place; o concello está na esquerda. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Bélxica |
Localización | 50°50′48″N 4°21′09″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | (ii, iv) |
Inscrición | 1998 (XXII sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 857 |
Pechar