Haliaeetus leucogaster
From Wikipedia, the free encyclopedia
Haliaeetus leucogaster é unha especie de pigargo, unha grande ave de presa diúrna accipítrida das costas de Australasia e sur e sueste de Asia. Foi descrita orixinalmente por Johann Friedrich Gmelin en 1788 e está moi relacionada coa Haliaeetus sandfordii das illas Salomón, e considérase que as dúas forman unha superespecie. É unha ave moi distintiva, o adulto ten cabeza, peito, cobertoiras da parte inferior das ás e cola brancos. As partes superiores son grises, mentres que as plumas de voo negras da parte inferior das ás contrastan coas cobertoiras brancas. A cola é curta e con forma de cuña como en todas as especies de pigargos[2] (xénero Haliaeetus). Como moitas aves de presa, a femia é de maior tamaño que o macho e pode medir ata 90 cm de longo cunha envergadura alar de ata 2,2 m e un peso de 4,5 kg. Os exemplares inmaturos teñen plumaxe marrón, que se substitúe gradualmente por branco ata a idade de cinco ou seis anos. A chamada que profiren é un son alto parecido ao do ganso.
Haliaeetus leucogaster | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Tasmania | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Áreas de distribución desta especie (en verde) e de Haliaeetus sanfordi (círculo azul claro) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ichthyaetus blagrus Blyth, 1843 |
Vive desde a India e Sri Lanka e através do sueste asiático ata Australia polas costas e principais ríos preto da costa, reprodúcese e caza preto da auga e os peixes constitúen a metade da súa dieta. É oportunista, xa que come prea e unha ampla variedade de animais. En canto ao seu estado de conservación, aínda que está clasificada globalmente como en estado pouco preocupante, declinou en partes do sueste asiático como Tailandia e sueste de Australia. Considérase ameazada en Victoria e vulnerable en Australia do Sur e Tasmania. As alteracións humanas do seu hábitat son a súa principal ameaza, tanto por actividades humanas directas preto dos niños que causan impacto no éxito reprodutor, coma pola corta dos árbores axeitados para a súa nidación. É unha especie reverenciada polos pobos aborixes australianos de moitas partes de Australia e protagoniza varios contos folclóricos.