Halobacterium salinarum
From Wikipedia, the free encyclopedia
Halobacterium salinarum é unha especie de microorganismos do dominio das arqueas mariño, extremadamente halófilo, gramnegativo e aerobio obrigado. A pesar do seu nome (mantido polas regras de preferencia na nomenclatura) non é unha bacteria, senón unha arquea.[1] Encóntrase en lagos hipersalinos, e salinas, e tamén en alimentos salgados (peixe salgado, carne de porco, salchichas) e en peles tratadas. Cando se atinxen os límites de salinidade mínimos requiridos para que vivan os halófilos extremos, estas augas collen unha cor púrpura ou avermellada debido á proliferación nelas de grandes densidades de arqueas halófilas.[1] A capacidade de H. salinarum de sobrevivir a concentracións tan elevadas de sal fai que se clasifique como extremófilo.
Halobacterium salinarum | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Halobacterium salinarium' corrig. (Harrison and Kennedy 1922) Elazari-Volcani 1957 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Pseudomonas salinaria Harrison and Kennedy 1922 |