Harrison Ford
actor e produtor de cine estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no filme de suspense Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Xogo de patriotas (1992) e Clear and Present Danger (1994).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1942 (81 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Ripon College (en) Maine East High School (en) |
Altura | 185 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor , ecoloxista , carpinteiro , actor de dobraxe , produtor de cinema , aviador |
Período de actividade | 1964 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Movemento | Ecoloxismo |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Calista Flockhart (2010–) Melissa Mathison (1983–2004) Mary Marquardt (1964–1979) |
Fillos | Ben Ford (en) () Mary Marquardt (en) Willard Ford (en) () Mary Marquardt (en) |
Pais | Chris Ford (en) e Dorothy Ford (en) |
Irmáns | Terence Ford (pt) |
Premios
| |
|
A súa carreira abarca seis décadas e inclúe papeis en varios éxitos de recadación de Hollywood, incluíndo o filme épico de guerra Apocalypse Now (1979), o drama legal Presumed Innocent (1990), a película de acción O fuxitivo (1993);[1] o suspense de acción política Air Force One (1997); e o suspense psicolóxico "What Lies Beneath" (2000). Sete das súas películas foron incluídas no National Film Registry: American Graffiti (1973), A conversación (1974), A guerra das galaxias (1977), Apocalypse Now (1979), O imperio contraataca (1980), Na busca da arca perdida (1981) e Blade Runner (1982).
Con máis de cinco mil seiscentos millóns de dólares recadados en todo o mundo polas súas películas, Ford é o actor con maiores ingresos en portelo da historia. No Libro Guinness dos Récords de 2001, Ford aparece como o actor masculino máis rico do mundo.[2] Ford está casado coa actriz Calista Flockhart.