Hicham El Guerrouj
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hicham El Guerrouj (Árabe: هشام الكروج), nado o 14 de setembro de 1974 en Berkane (Marrocos) é un atleta mediofondista xa retirado.[1] Posúe o récord dos 1500 metros (3:26.00), da milla (3:43.13) e dos 2.000 metros (4:44.79), e foi alcumado no seu momento coma o "Rei da Milla". Anunciou a súa retirada o 22 de maio de 2006, logo de que un virus primeiro e máis tarde unha lesión nas costas o tivesen practicamente apartado das pistas durante dous anos.
Nome orixinal | (ar) هشام الكروج |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de setembro de 1974 (49 anos) Birkani, Marrocos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Marrocos |
Altura | 181 cm |
Peso | 58 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista , mediofondista |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | Comité Olímpico Internacional (2004–2012) |
Lingua | Árabe |
Nacionalidade deportiva | Marrocos |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | corrida de meia-distância (pt) |
Participou en | |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
Premios
| |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
Prata | Sydney 2000 | 1.500 m | |
Ouro | Atenas 2004 | 1.500 m | |
Ouro | Atenas 2004 | 5.000 m | |
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Prata | Gotemburgo 1995 | 1.500 m | |
Ouro | Atenas 1997 | 1.500 m | |
Ouro | Sevilla 1999 | 1.500 m | |
Ouro | Edmonton 2001 | 1.500 m | |
Ouro | París 2003 | 1.500 m | |
Prata | París 2003 | 5.000 m |
A súa carreira deportiva foi merecente de varios recoñecementos, coma o premio ao esforzo humanitario da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), que recibiu en 1996. Tamén é embaixador de boa vontade da UNICEF. El Guerrouj foi designado mellor atleta do ano pola IAAF en 2001 e en 2002, logo de quedar invicto en máis de vinte probas, co que se converteu no primeiro home en obter o galardón de atleta do ano por dúas veces consecutivas desde que se creou en 1988. Tamén no 2002 foi designado mellor atleta do ano, a canda a británica Paula Radcliffe, pola revista especializada Track and Field News. En 2003 escollérono membro do Comité de Atletas da IAAF. O 7 de setembro de 2004, Hicham El Guerrouj foi condecorado co "Cordon de Commandeur" polo rei Mohamed VI de Marrocos. Tamén nese ano 2004 recibiu o Príncipe de Asturias dos Deportes polo seu "firme compromiso co deporte e coa sociedade e especialmente coa mocidade e cos máis necesitados".