Historia dos Calgary Flames
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia dos Calgary Flames remóntase a 1972, cando a National Hockey League (NHL) anunciou a creación de dous novos equipos para a liga, os Flames e os New York Islanders. Inicialmente localizados en Atlanta (Estados Unidos) baixo o nome de Atlanta Flames, a franquía trasladouse a Calgary (Canadá) en 1980. Ao longo da súa historia, o equipo gañou unha vez a Stanley Cup na tempada 1988-89, chegando á final noutras dúas ocasións nas tempadas 1985-86 e 2003-04.
Ao longo da súa historia os Flames disputaron máis de 2.500 partidos de liga regular e case 200 partidos nas súas 20 aparicións nos play-offs, gañando 1.188 partidos na liga regular e 92 nas series eliminatorias.[1] Entre os xogadores máis destacados da franquía inclúense nomes como os membros do Hockey Hall of Fame Lanny McDonald, Joe Nieuwendyk, Joe Mullen, Al MacInnis, Brett Hull, Doug Gilmour e Grant Fuhr, ou Jarome Iginla.