Hokkaido Nippon-Ham Fighters
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Hokkaido Nippon-Ham Fighters (北海道日本ハムファイターズ, Hokkaidō Nippon-Hamu Faitāzu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede en Sapporo, Hokkaido. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Liga do Pacífico. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 2004 é o Sapporo Dome, recinto con capacidade para 40.476 espectadores. Alén de Sapporo, os Fighters tamén xogan esporádicamente noutras cidades de Hokkaido como Hakodate, Asahikawa, Kushiro e Obihiro. O nome do equipo procede da súa propietaria, Nippon Ham, unha empresa xaponesa de procesado. Fundados en 1946, antes de xogar en Sapporo estiveron en Toquio durante 58 anos, compartindo uso do Tokyo Dome cos Yomiuri Giants da Central League.[1] A franquía posúe tres títulos das Series do Xapón: 1962, 2006 e 2016.
Hokkaido Nippon-Ham Fighters | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1946 En Sapporo desde 2004 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Pacific League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1946–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
Retirados | 100 | ||
Cores | Azul, ouro, negro | ||
Datos do equipo | |||
Anterior | Senators (1946) Tokyu Flyers (1947) Kyuei Flyers (1948) Tokyu Flyers (1949–1953) Toei Flyers (1954–1972) Nittaku Home Flyers (1973) Nippon-Ham Fighters (1974–2003) | ||
Alcumes | Nichiham (日ハム, Nippon-ham) | ||
Estadio | Sapporo Dome | ||
Estadios antigos | Korakuen Stadium (1948–1953) Komazawa Stadium (1953–1961) Estadio Meiji Jingu (1962–1963) Korakuen Stadium (1964–1987) Tokyo Dome (1988–2003) | ||
Mascota | BB, Polly Polaris e Frep the Fox | ||
Dono | Nippon Ham | ||
Director xeral | Hiroshi Yoshimura | ||
Adestrador | Hideki Kuriyama | ||
Títulos | |||
Nippon S. (3) | 1962, 2006, 2016 | ||
Pacific L. (7) | 1962, 1981, 2006, 2007, 2009, 2012, 2016 |