Honda na Fórmula 1
From Wikipedia, the free encyclopedia
O fabricante xaponés de automóbiles Honda participou na Fórmula Un, como equipo, construtor e fornecedor de motores entre 1964 e 2008. A participación de Honda na F1 comezou na tempada de 1964, a súa retirada en 1968 foi causada pola morte do piloto de Honda Jo Schlesser durante o Gran Premio de Francia de 1968.[1] Retornaron na tempada de Fórmula Un de 1983 como fornecedor de motores, un papel que terminou en 1992. Volveron de novo na tempada de Fórmula Un de 2000, proporcionando motores para British American Racing (BAR). A finais de 2005 compraron o equipo BAR, con sede en Brackley, Reino Unido, e cambiaron o seu nome ao de Honda Racing.
Nome completo | Honda Racing F1 Team (2006–2008) Honda R & D Company (1964–1968) |
---|---|
Bandeira | Xapón |
Baseada en | Brackley, Reino Unido Tochigi, Xapón |
Tempadas en activo | 8 (1964-1968, 2006-2008) |
Número de pilotos | Ronnie Bucknum, Richie Ginther, Jo Schlesser, John Surtees, Jenson Button, Rubens Barrichello |
Debut | Gran Premio de Alemaña de 1964 |
Carreiras | 88 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 3 |
Pole positions | 2 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 2008 |
O 5 de decembro de 2008 anunciouse que Honda sairía da Fórmula Un con efecto inmediato debido á crise financeira mundial. E buscaba vender o seu equipo[2] o 27 de febreiro de 2009 anunciouse que o director do equipo Ross Brawn liderara a compra do equipo de Brackley.[3] O equipo competiu con éxito como Brawn GP en 2009, e foi posteriormente vendido a Daimler-Benz AG que cambiou o nome a Mercedes GP para a tempada 2010.
O 17 de maio de 2013 Honda anunciou a súa intención de volver ao deporte na tempada 2015 en virtude dun acordo de empresa con McLaren para fornecer unidades de motor V6 e KERS.[4]
En 2015, Honda volveu ao deporte como provedor de unidades de potencia para McLaren.[5] As primeiras iteracións das unidades de potencia de Honda demostraron ser pouco competitivas e McLaren e Honda separáronse despois de tres anos. Toro Rosso acordou utilizar motores Honda para a tempada 2018 como equipo de traballo,[6] e despois de que Honda mostrase un rápido desenvolvemento cos motores, Red Bull Racing acordou montar tamén os motores Honda para a tempada 2019. Honda logrou a súa primeira vitoria da era híbrida no Gran Premio de Austria de 2019,[7] e a continuación seguiron numerosas vitorias cos dous equipos. O programa culminou na tempada 2021, cando o piloto de Honda Max Verstappen gañou o Campionato do Mundo. Honda abandonou a F1 ao remate de 2021 para centrar os seus recursos en tecnoloxías neutras en carbono.
Como fabricante de motores, Honda gañou seis Campionatos do Mundo de Construtores, seis Campionatos do Mundo de Pilotos e máis de 80 Grandes Premios, ocupando o quinto posto na historia da Fórmula Un. Ademais do seu éxito como fabricante de motores, as súas tres vitorias en Gran Premio como propietario do equipo convértenos no único equipo xaponés ou asiático que gañou na Fórmula Un.