Horta
espazo dedicado á produción agrícola a pequena escala / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga. Unha horta familiar de pequena extensión recibe tamén o nome de horto[1].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Horta (homónimos).
Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.
A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.