Ildefons Cerdà
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ildefons Cerdà i Sunyer, nado en Centelles (Barcelona) o 23 de decembro de 1815 e finado en Las Caldas del Besaya (Cantabria) o 21 de agosto de 1876, foi un enxeñeiro, urbanista, xurista, economista e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1815 Centelles, España |
Morte | 23 de agosto de 1876 (60 anos) Las Caldas de Besaya, España |
Lugar de sepultura | Camposanto de Montjuïc 41°21′15″N 2°09′20″L |
Presidente da Deputación de Barcelona | |
1873 – 1874 ← Benet Arabio i Torres (en) – Melcior Ferrer i Bruguera (en) → | |
Concelleiro de Barcelona | |
1854 – 1856 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1851 – 1852 Circunscrición electoral: Barcelona | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid - enxeñaría (1835–1841) |
Actividade | |
Campo de traballo | Urbanismo, ordenación do territorio, civil engineering studies (en) , arquitectura e política |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | enxeñeiro , político , urbanista , arquitecto , enxeñeiro civil |
Partido político | Partido Republicano Democrático Federal |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Clotilde Bosch i Carbonell (1848–1862) |
Fillos | Esmeralda Cervantes |
Home polifacético, escribiu a Teoría xeral da urbanización, obra pioneira da especialidade, pola cal considéraselle un dos fundadores do urbanismo moderno. O seu proxecto máis importante foi a reforma urbanística da Barcelona do século XIX mediante o Plan Cerdà, co que creou o actual barrio do Eixample.[1] Cerdà non foi un triunfador; concentrado meticulosamente no seu traballo, tivo problemas familiares, o seu proxecto do ensanche nunca foi ben visto polos estamentos locais e acabou arruinado, pois o Estado español e o Concello de Barcelona non lle pagaban os honorarios que lle debían. Houbo de pasar un século para que se recoñecese o seu legado.