Illa da Vaca
From Wikipedia, the free encyclopedia
Île-à-Vache, (en Francés, tamén chamada Île-à-Vaches, antes chamada en Español Isla Vaca) é unha illa caribeña, unha das illas satélites de Haití. Atópase na Baie de Cayes a uns 10´5 km. fronte á costa do suroeste peninsular do país, aproximadamente entre a cidade de Les Cayes e Pointe l'Abacou. Antigamente coñecíase co nome de Abacca. Administrativamente, converteuse nunha comuna en 1976 como parte do Arrondissement de Les Cayes no departamento Sud.[1]
Illa da Vaca | |
---|---|
Situación | |
País | Haití |
Coordenadas | 18°04′15″N 73°38′30″O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa marítima |
Superficie | 48´47 km² |
Punto máis alto | 30 |
Demografía | |
Capital | Non ten |
Poboación | 15.399 |
Densidade | 318 hab./km² |
Île-à-Vache foi reclamada polo Imperio español en 1492 como parte da Hispaniola, e durante os dous seguintes séculos coñeceuse co nome de Illa Vaca. En 1697 a illa de Hispaniola dividiuse formalmente entre España e Francia no Tratado de Ryswick que puxo fin á Guerra dos Nove Anos. Francia asumiu o control da metade occidental de Hispaniola e nomeouna Saint-Domingue, e Illa Vaca tomou o seu nome actual, Île-à-Vache.