Interestatal 95
autoestrada interestatal dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Interestatal 95 (abreviada I-95) é unha autoestrada das máis transitadas da Rede de Autoestradas Interestatais dos Estados Unidos.[2] Cunha lonxitude de 1.927 millas (3.101 quilómetros), discorre pola costa leste dos Estados Unidos, entre o seu extremo setentrional na fronteira canadense en Houlton, Maine, onde se converte na Ruta de Novo Brunswick 95, e o seu extremo meridional na cidade de Miami, Florida nun empalme coa ruta 1, e é a estrada norte-sur máis longa da costa leste, conectando as Provincias Marítimas do Canadá con Boston, a Cidade de Nova York e Florida. O seu centro aproximado está a 83 millas ao norte de Richmond, Virginia, cerca do cruzamento coa Interestatal 295. Como a maioría das Estradas Interestatais, I-95 proporciona unha alternativa de alta velocidade nos Estados Unidos. O trazado da estrada reflicte polo xeral o da ruta U.S. Route 1.