Intersistema cultural
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un intersistema cultural é un conxunto de sistemas que comparten materiais e normas comúns na súa produción cultural, de maneira que os elementos que os compoñen sexan suficientes para seren interpretados como singulares en relación a outros sistemas e alicercen fluxos relativamente importantes entre si[1].
O teórico estoniano Naftoli Bassel fala de sistema interlitario, entendendo este concepto como un conxunto de áreas internacionais que comparten espazos lingüísticos, étnicos ou políticos comúns. Así, o prefixo inter reflicte a forte cohesión cultural entre os sistemas asociados[2]. Este concepto tamén pode relacionarse co de polisistema, no sentido en que Itamar Even-Zohar o utiliza (rede de produtores, consumidores, produtos, institucións, mercados e repertorios que configuran a vida literaria [3]).
Os intersistemas poden modificar o peso dos elementos que os relacionan, modificar o número e a calidade dos seus compoñentes, desaparecer ou xurdir segundo diversas circunstancias e posuír factores que, sen seren os precisos e suficientes para o mantemento do intersistema, funcionen tamén como vertebradores de maior ou menor importancia [4].