Iolanda de Bar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Iolanda de Bar, tamén coñecida como Violante de Bar, nada en 1365 no Ducado de Bar (Lorena, Francia) e finada o 3 de xullo de 1431 en Barcelona, foi condesa consorte de Girona (1380 - 1387) e condesa consorte de Cervera (1380 - 1387) e, despois raíña consorte de Aragón, Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega (nominal), duquesa consorte Atenas e de Neoptria e condesa consorte Barcelona, do Rosellón e de Cerdaña (1387 - 1396), como segunda esposa de Xoán I de Aragón (1387-1396).[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1365 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 13 de agosto de 1431 (Gregoriano) (65/66 anos) Barcelona |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Poblet |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Aragón |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Lingua | Lingua catalá |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1387–1396) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Cónxuxe | Xoán I de Aragón (1384 (Gregoriano)–) |
Fillos | Iolanda de Aragão (pt) |
Pais | Roberto I de Bar e Maria de França, Duquesa de Bar (pt) |
Irmáns | Henry of Bar (en) , Eduardo III de Bar, Louis Ier de Bar (pt) , John of Bar (en) , Marie of Bar (en) , Yolande of Bar (en) , Bonne of Bar (en) , Jeanne of Bar (en) e Philip of Bar (en) |
Culta, políglota, lectora e escritora, deixou como legado un total de 45 volumes de cartas (uns 9 000 folios) nas que fala da vida política e cultural do momento, así como do seu papel como filla, esposa e nai.
Escritas en latín e catalán, é unha das coleccións máis extensas escritas por unha muller na España medieval.
Todas elas consérvanse no Arquivo da Coroa de Aragón, en Barcelona.