novelista británica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Joanne «Jo» Rowling, nada o 31 de xullo de 1965[1] en Yate, South Gloucestershire, Reino Unido, máis coñecida polos pseudónimos J. K. Rowling[2] e Robert Galbraith,[3] é a autora da serie de libros de fantasía Harry Potter e a serie de detectives de Cormoran Strike. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e venderon máis de 400millóns de copias.[4] As novelas foron a base dunha popular saga de filmes, a cuxos guións Rowling daba a súa aprobación,[5] ademais de manter un control creativo e ser produtora dos filmes.[6]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
J. K. Rowling
Nome orixinal
(en) Joanne Kathleen Rowling
Biografía
Nacemento
(en) Joanne Rowling 31 de xullo de 1965 (58 anos) Yate, Reino Unido(pt)
Rowling artellou a idea da serie nunha viaxe en tren de Manchester a Londres en 1990.[7] En marzo de 2011, a revista Forbes estimou que a fortuna de Rowling ascendía a mil millóns de dólares estadounidenses.[8] A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003, así como outros recoñecementos internacionais. Colabora con varias organizacións caritativas, como Comic Relief, One Parent Families,[9] Multiple Sclerosis Society of Great Britain[10] e Lumos.