Jonathan Motzfeldt
político groenlandés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jonathan Jakob Jørgen Otto Motzfeldt, nado en Qassimiut o 25 de setembro de 1938, e finado en Qaqortoq o 28 de outubro de 2010,[1] foi un político e sacerdote groenlandés. Está considerado unha das principais figuras na creación do Goberno de Groenlandia.[2] Jonathan Motzfeldt foi o primeiro primeiro ministro de Groenlandia, de 1979 até 1991, e de novo dende 1997 até 2002. Foi o primeiro ministro de Groenlandia máis lonxevo e gañou o maior número de eleccións de calquera primeiro ministro de Groenlandia. Foi considerado un político de centroesquerda e Groenlandia converteuse nun país recoñecido durante o seu mandato.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1938 Qassimiut, Groenlandia |
Morte | 28 de outubro de 2010 (72 anos) Qaqortoq, Groenlandia |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
2002 – 2008 | |
Primeiro ministro de Groenlandia | |
19 de setembro de 1997 – 14 de decembro de 2002 ← Lars-Emil Johansen – Hans Enoksen → | |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
1997 – 1997 | |
1º Primeiro ministro de Groenlandia | |
1 de maio de 1979 – 18 de marzo de 1991 – Lars-Emil Johansen → | |
Presidente do Parlamento de Groenlandia | |
1979 – 1988 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinamarca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Siumut |
Lingua | Lingua dinamarquesa |
Familia | |
Cónxuxe | Margit Motzfeldt |
Premios
| |
Pechar