Keith Van Horn
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Keith Adam Van Horn, nado o 23 de outubro de 1975 en Fullerton (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba de aleiro e ala-pivote, e xogou para a Universidade de Utah.[1] Van Horn rematou os seus anos en Utah sendo o máximo anotador da historia da Universidade.
Keith Van Horn | |
---|---|
Posición | Aleiro |
Dorsal | 44, 4, 2 |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Nacemento | 23 de outubro de 1975 (48 anos) Fullerton (California( |
Carreira | |
Universidade | Utah |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Philadelphia 76ers |
Tempadas | 1997–2008 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 206 |
Rebotes | 3 909 |
Asistencias | 900 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
Van Horn foi seleccionado na 2ª posición do draft da NBA de 1997 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado aos New Jersey Nets.[2] Xogou para New Jersey de 1997 a 2002, liderando aos Nets en anotación nas tempadas 1997-98 e 1998-99, onde fixo sobre 20 puntos por partido e rematou 5º na lista de anotadores da NBA en 1999.[2] Foi un dos grandes contribuidores dos Nets no ano 2002 que foron campións da Conferencia Leste, e liderou ao equipo en rebotes e foi o segundo máximo anotador.[3] Van Horn xogou tamén para os Philadelphia 76ers, os New York Knicks, os Milwaukee Bucks e os Dallas Mavericks.[4] Cos Mavericks foi un membro moi importante do equipo que foi campión da Conferencia Oeste na tempada 2005-06[2]
Van Horn retirouse oficialmenet da NBA no ano 2008, rematando con 16.0 puntos e preto de 7 rebotes por partido durante os 10 anos na liga.[2]