Kevin McHale
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kevin Edward McHale, nado o 19 de decembro de 1957 en Hibbing, Minnesota, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense, cuxo último equipo como técnico foron os Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Na súa carreira como xogador, pasou as súas 13 en activo sendo xogador dos Boston Celtics, cos cales gañou tres aneis, quedando finalista noutras dúas ocasións. Na súa honra os Celtics retiraron a súa camisola co dorsal 32 en 1994, pendurando actualmente do teito do TD Garden.
Kevin McHale | |
---|---|
Posición | Ala-pivote |
Dorsal | 32 |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Nacemento | 19 / 12 de 1957 (66 anos) Hibbing, Minnesota |
Carreira | |
Instituto | Hibbing (Minnesota) |
Universidade | Minnesota (1976–1980) |
NBA Draft | 1980 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Boston Celtics |
Tempadas | 1980–1993 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 17 335 (17,9 pp) |
Rebotes | 7 122 (7,3 pp) |
Tapóns | 1 689 (1,7 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Adestrador | |
|
Como xogador desenvolveuse na posición de ala-pivote, contando cunha estatura de 2,08 m. Foi recoñecido en 1996 como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e en 1999 foi incluído no Basketball Hall of Fame coomo xogador. A súa carreira como adestrador comezou en 2005, cando se fixo cargo dos Minnesota Timberwolves, equipo ao que boltaría adestrar durante a temporada 2008−09. Tras abandonar o equipo de Minneapolis, fíxose cargo do banco dos Houston Rockets, posto que ostenta desde a tempada 2011−12. É fillo de pai irlandés e de nai croata.