Kontinental Hockey League
campionato internacional de hóckey sobre xeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Kontinental Hockey League (KHL; en ruso: Континентальная Хоккейная Лига (КХЛ), Kontinental'naya khokkeynaya liga, en galego: Liga Continental de Hóckey) é un campionato internacional profesional de hóckey sobre xeo fundado no ano 2008. Está formado por equipos con sede en Belarús (1), Casaquistán (1), China (1) e Rusia (19), para un total de 22.
Kontinental Hockey League | |
---|---|
Deporte | Hóckey sobre xeo |
Fundación | 2008 |
País | Rusia (19 equipos) Casaquistán (1 equipo) Belarús (1 equipo) China (1 equipo) |
Presidente | Alexei Morozov |
Equipos | 22 |
Actual campión | Avangard Omsk (1º título) |
Máis laureado | Ak Bars Kazan (3 títulos) |
Lema | Хоккей – наша игра! Khokkey - nasha igra! (Hóckey é o noso xogo!)[1] |
Sitio web | www.khl.ru |
KHL 2021−2022 |
A KHL está considerado como a principal competición de hóckey sobre xeo en Europa e Asia, así como a segunda máis forte do mundo despois da National Hockey League norteamericana. A nivel de público, a KHL é a terceira competición europea deste deporte en asistencia de público por partido, tendo unha media de 6 121 espectadores por encontro en liga regular, e a primeira en espectadores totais cun acumulado anual de 5,32 millóns. O título de campión da KHL leva o nome de Copa Gagarin, sendo temén outorgado o título de Campión de Rusia ao equipo deste país mellor clasificado.