Laocoonte e os seus fillos
escultura clásica, obra de Alexandro, Polidoro e Atenodoro de Rodas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Laocoonte e os seus fillos é un grupo escultórico grego de datación controvertida,[1] considerada unha obra orixinal de comezos da era cristiá.[2] A obra é dun tamaño algo maior ao natural, de 2,45 m de altura e está executada en mármore branco.[3] Atópase no Museo Pío-Clementino pertencente aos Museos Vaticanos de Roma,[4] e xunto ao Torso do Belvedere é o único orixinal grego do antiquarium.[2] Representa a morte do sacerdote troiano Laocoonte, castigado polos deuses a morrer estrangulado por serpes mariñas xunto aos seus dous fillos. A obra foi realizada por Axesandro, Polidoro e Atenodoro de Rodas, pertencentes á Escola rodia.[5]
Datos rápidos Artista, Data ...
Laocoonte e os seus fillos | |
---|---|
Artista | Axesandro, Atenodoro e Polidoro |
Data | Entre o -200 e o 70 |
Técnica | Escultura de mármore |
Dimensións | 208 cm × 163 cm |
Localización | Museos Vaticanos (Cidade do Vaticano) |
Pechar