Le Orme
From Wikipedia, the free encyclopedia
Le Orme é unha banda italiana de rock progresivo formada en Marghera, unha localidade do concello de Venecia, no ano 1966. O grupo foi un dos máis importantes da escena italiana do rock progresivo dos anos 70, xunto con Premiata Forneria Marconi e Banco del Mutuo Soccorso.[1] É unha das poucas bandas italianas en ter éxito fóra do seu país, tendo tocado por toda Europa e América do Norte, e chegando a lanzar un álbum en inglés no momento máis exitoso da súa carreira.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Le Orme | |
---|---|
Le Orme en 2001 | |
Orixe | Marghera, Venecia, Italia |
Período | 1966 - 1982 1986 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, pop rock, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | CAR Juke Box, Telerecord, Phonogram, PolyGram, Charisma, Baby, Crisler Music, Tring |
Membros | Michi Dei Rossi Michele Bon Fabio Trentini |
Antigos membros | Aldo Tagliapietra Tony Pagliuca Andrea Bassato Francesco Sartori Germano Serafin Tolo Marton Nino Smeraldi Claudio Galieti Marino Rebeschini |
Na rede | |
http://www.leorme-officialfanclub.com | |
Pechar