Lev Trotski
político e revolucionario marxista de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lev Trotski[1] nado en Ianovka (Ucraína) o 7 de novembro de 1879 e finado en Coyacán (México) o 21 de agosto de 1940, foi un intelectual marxista e revolucionario bolxevique.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O seu nome en ucraíno é Лев Давидович Троцький, que pode ser transliterado como Lev Davidóvitch Trótskii. Mais o seu verdadeiro apelido de familia era Bronstein (Бронштейн). Polo calendario xuliano, empregado nos países de tradición ortodoxa, naceu o 26 de outubro de 1879.
Nos primeiros tempos da Unión Soviética desempeñou un importante papel político, primeiro como Comisario do Pobo para os Asuntos Exteriores, posteriormente como creador e comandante do Exército Vermello, e fundador e membro do Politburó do Partido Comunista da Unión Soviética. Afastado por Stalin do control do partido, Trotski foi expulsado deste e da Unión Soviética, refuxiándose en México, onde vai ser asasinado por un axente catalán ás ordes de Stalin. As súas ideas políticas, expostas nunha obra escrita de grande extensión, darán orixe ó trotskismo, corrente aínda hoxe importante no marxismo.