Lingua iagnobí
From Wikipedia, the free encyclopedia
O iagnobiano (pode aparecer escrito tamén coa forma persa iaghnobí) é unha lingua irania oriental setentrional moderna falada no val do río Iagnob na zona de Zarafxán no Taxiquistán. Considérase descendente directo da lingua sogdiana xa que é un dialecto deste, coma así o testemuñan os seus estudos, e a súa literatura foi chamada con frecuencia "Neo-sogdiano". É unha lingua de uso familiar na comunicación diaria. A lingua foi descuberta no século XIX e falábase na parte central do remoto alto val do río Iagnob. As evidencias toponímicas suxiren que tamén no pasado, o iagnobí e outros dialectos sogdianos foron falados nos vales veciños. Hoxe conta cuns 1500 e 2500 falantes divididos entre numerosas comunidades.[1]
Lingua iagnobiana яғнобӣ зивок-jaġnobī zivók | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /jæʁnɔːˈbi ziˈvɔːk/ | |
Falado en: | Taxiquistán | |
Rexións: | Val do río Iagnob e Zarafxán | |
Total de falantes: | Uns 12.500 (ano 2000) | |
Familia: | Indoeuropea Indo-irania Linguas iranias orientais orientais setentrionais Lingua iagnobiana | |
Escrita: | Alfabeto cirílico taxico | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Non | |
Regulado por: | Ningún | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | - | |
ISO 639-2: | ira | |
ISO 639-3: | yai
| |
SIL: | yai
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
É unha lingua en perigo de desaparición, e de feito está recollida no Libro Vermello das Linguas Ameazadas publicado pola UNESCO (Red Book of Endangered Languages, en inglés. E trala Guerra Civil dos anos 90, pedíuselle a Academia Taxica das Ciencias que preservase a lingua iagnobiana, e apoiase e difundise na escola o seu uso, reabríndose as escolas iagnobianas de anos anteriores.