Lingua mohave
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua mohave[3] é a lingua nativa falada polo pobo mohave que habita a carón do río Colorado do noroeste de Arizona, sueste de California e suroeste de Nevada. Arredor do 70% dos falantes habitan en Arizona, mentres que o 30% restante reside en California. Pertence á póla do río da familia yuma, xunto co quechan e maricopa.
Datos rápidos Mohave Hamakhav, Códigos de lingua ...
Mohave Hamakhav | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | Arizona e California | |
Total de falantes: | 100 (2007)[1] | |
Familia: | Yuma Yuma nuclear Yuma do río Mohave | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mov
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
A lingua mohave converteuse nunha lingua ameazada durante o século XX, cando moitos nenos mohave foron separados dos seus pais e criados en internados onde lles prohibiron falar a súa lingua. Tiñan prohibido falar en mohave mesmo cando visitaban ós seus pais ocasionalmente, malia que a maioría dos pais non falaban inglés.[4][5][6]