Lingua urdú
From Wikipedia, the free encyclopedia
O urdú[2] (nome local : urdū / اردو) é unha lingua indoaria pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.
Urdú اردو | ||
---|---|---|
Falado en: | Oficialmente, Paquistán e a India. Extra-oficialmente, Kuwait, os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, o Reino Unido, os Estados Unidos, Suráfrica e en varios outros países. | |
Total de falantes: | 61 millóns nativos, 160 millóns en total | |
Posición: | 21 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Idiomas hindi occidentais Urdú | |
Escrita: | Alfabeto urdú | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Paquistán, india | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ur | |
ISO 639-2: | urd | |
ISO 639-3: | urd
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.
Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindustano ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.