Lingua waray-waray
lingua malaio-polinesia falada nas Filipinas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua waray-waray, visaya de Leyte ou samareño é unha lingua que pertence á familia lingüística austranesia, dentro da rama occidental malaio-polinesia e no grupo visayo, escrita en alfabeto latino (antigamente empregábase o alfabeto baybayin). É falada por arredor de tres millóns de persoas nas provincias de Samar, Samar do Norte, Samar Oriental, e en certos lugares de Leyte e Biliran, en Filipinas. Déuselle o código ISO 639-2 war, pero non ten un código de dúas letras ISO 639-1, para a representación mediante códigos dos nomes das linguas. Debido ao contacto coa lingua española conta con numerosas achegas léxicas do castelán. O nome desta lingua ven da palabra "waray" a cal é frecuentemente escoitada polos non falantes e que significa "ningún", "nada" ou "non". A lingua waray-waray é falada polas persoas waray da illa de Samar, na maior parte de Leyte e nalgunhas zonas da illa de Biliran, mais con variacións dialécticas. Estas son faladas nalgunhas partes de Masbate, particularmente na illa de Ticao, que está próxima da illa de Samar. Entre estas variantes atópanse o Waray-Waray Sorsogon e o Masbate Sorsogon, clasificadas dentro da lingua waray-waray pero chamadas Bisakol porque se asemellan ás linguas Visaya e Bicolano.
Waray - Waray winaray, samarnon | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Visaya de Leyte ou samareño | |
Falado en: | Filipinas | |
Rexións: | Illa Samar (enteira), illa Leyte (nordés) e partes de Biliran e Masbate. | |
Total de falantes: | 2,6 millóns (censo de 2000) | |
Posición: | - | |
Familia: | austronesio Linguas malaio-polinesias Linguas filipinas Linguas mesofilipinas Linguas visayas Linguas mesovisayas Waray - waray Waray - Waray | |
Escrita: | Alfabeto latino na súa variante filipina. Historicamente baybayin. | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Filipinas (lingua rexional do país). | |
Regulado por: | Komisyon sa Wikang Filipino (Comisión para o Idioma Filipino) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | war | |
ISO 639-3: | war
| |
SIL: | WAR
| |
Mapa | ||
Status | ||