Lista de bivalvos de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte é unha lista de bivalvos de Galicia. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto galego en malacoloxía Emilio Rolán.[1]
Este grupo conten arredor de 30.000 especies vivas[2] das cales máis de 200 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas.
A taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.