Lista de municipios de Austria con vieiras no escudo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo contén a lista dos escudos municipais con representación de vieiras en Austria. A lista inclúe os brasóns oficiais municipais de Austria con representacións dunha cuncha heráldica dunha ou varias vieiras (dúas especies moi relacionadas, ambas pertencentes ao xénero Pecten[1]).
En lingua alemá muschel significa bivalvo e Jakobsmuschel (vieira) remite a Santiago, patrón dos peregrinos. A cuncha representa especialmente a peregrinación do Camiño de Santiago. Os camiñantes da Idade Media que chegaban desde diversos puntos de Europa utilizaban a vieira para sacar auga dos ríos e fontes; un costume estendido era o de continuar até Fisterra ou outras vilas costeiras para recoller unha cuncha do mar. Levada como sinal de peregrinación na banda do sombreiro ou no cinto, a vieira era máis que un recordo, ao regresar a casa era garantía do respecto pola viaxe feita.[2]