Literatura galega do Rexurdimento
movemento social, literario e intelectual de recuperación da literatura galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890[1] coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Rexurdimento" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.