Literatura xuvenil
subxénero literario narrativo orientado a persoas adolescentes e mozas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A literatura xuvenil é aquela especialmente dirixida a lectores que atravesan a mocidade, aínda que non exclusivamente.[1] Este concepto vai a miúdo unido ao de literatura infantil, enunciándose como literatura infantil e xuvenil, aínda que gardan algunhas características diferenciadoras entre eles.
A este tipo de literatura quíxose tradicionalmente dar unhas funcións tanto de entretemento, como didáctica e de formación do hábito lector.[2]
Os temas tratados na literatura xuvenil non difiren en moito dos da literatura de adultos (amor, traxedia, guerra...) aínda que se lles dá un tratamento bastante máis lineal tanto a estes como aos personaxes, sendo estes últimos de pouca variabilidade psicolóxica. Esta interiorización minimízase dando maior importancia á acción que á caracterización psicolóxica dos personaxes. Así mesmo, os personaxes adoitan ser creados para que o público lector poida identificarse con eles, especialmente os protagonistas.[3] Con todo, algúns autores sinalaron o conveniente de que esta literatura, polo seu carácter de experiencia e a influencia que ten nos lectores, ha de elixir coidadosamente os seus temas. Neste sentido, adóitase sinalar como tema xenérico a procura de identidade do protagonista, á vez que a identificación do lector con el.[4]