Lourenzo de Medici
estadista italiano e gobernante de facto da república de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lourenzo de Medici (italiano: Lorenzo di Piero de' Medici), nado en Florencia o 1 de xaneiro de 1449 e finado en Careggi o 9 de abril de 1492, tamén coñecido como Lourenzo o Magnífico polos seus contemporáneos, foi un estadista italiano e gobernante de facto[1] da República de Florencia durante o Renacemento italiano. Príncipe de Florencia, mecenas das artes, diplomático, banqueiro, poeta e filósofo renacentista, pertencente á familia dos Medici e tamén bisavó de Catarina de Medici.
Lourenzo de Medici | |
---|---|
O magnífico | |
Busto de Lourenzo de Medici por Verrocchio (1480). | |
Nome completo | Lorenzo di Piero de' Medici |
Outros títulos | Señor de Florencia |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1449 Florencia |
Falecemento | 9 de abril de 1492 (43 anos) Careggi |
Sepultura | Capela dos Medici Basílica de San Lourenzo |
Predecesor | Pedro de Cosme de Medici |
Herdeiro | Piero de Medici |
Sucesor | Piero de Medici |
Cónxuxe/s | Clarice Orsini |
Descendencia | Lucrecia Pedro Magdalena Xoán (León X) Luisa Contessina Xuliano |
Proxenitores | Pedro de Cosme de Medici Lucrecia Tornabuoni |
Le temps revient O tempo volve | |
Na rede | |
A súa vida coincidiu coa cúspide do Renacemento italiano temperán; a súa morte marca o final da Idade de Ouro de Florencia. A fráxil paz que axudou a manter entre os distintos estados italianos terminou coa súa morte. Os restos de Lourenzo de Medici repousan na Capela dos Medici na Basílica de San Lourenzo (Florencia).