Lucifer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucifer[1] (do latín lux [‘luz’] e fero [‘levar’]: 'portador da luz') é, na mitoloxía romana, o equivalente grego de Fósforo ou Eósforo (Έωσφόρος) o portador da Aurora que provén da antiga dama escura Luciferina.
Este concepto mantívose na antiga astroloxía romana na noción da stella matutina (o luceiro da alba) contraposto á stella vespertina ou o serán (o luceiro da tarde ou serán), nomes estes que remitían ó planeta Venus, que segundo a época do ano se pode ver preto do horizonte antes do amencer ou despois do atardecer.
Na tradición cristiá, Lucifer representa o anxo caído, exemplo da beleza e sabedoría a quen a soberbia levouno aos infernos, transformándose en Satanás.