Luis Alberto Spinetta
músico arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Alberto Spinetta, nado en Buenos Aires o 23 de xaneiro de 1950 e finado ibídem o 8 de febreiro de 2012, foi un multifacético artista arxentino, cantante, intelectual, guitarrista, poeta, escritor, debuxante, compositor, considerado un dos máis importantes e respectados músicos en Hispanoamérica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1950 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 8 de febreiro de 2012 (62 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Río da Prata |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | compositor , músico , poeta , compositor de cancións , cantante , guitarrista , artista discográfico |
Membro de | Spinetta y los Socios del Desierto (pt) (1994–1999) Spinetta Jade (pt) (1980–1985) Banda Spinetta (en) (1977–1979) Invisible (pt) (1973–1977) Pescado Rabioso (1971–1973) Almendra |
Xénero artístico | Música rock, Blues rock, jazz rock, tango rock (en) , folk rock, rock progresivo, Rock psicodélico e Art rock |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Familia | |
Fillos | Vera Spinetta, Dante Spinetta (pt) |
Irmáns | Gustavo Spinetta (pt) |
Parentes | Angelo Mutti Spinetta (pt) (neto) |
Páxina web | luisalbertospinetta.com |
A complexidade instrumental, lírica e poética das súas obras valeulle o recoñecemento en moitas partes do mundo. En 1997 a revista Billboard definiuno como «ícona do rock arxentino»,[1] e en 2001 a diario Página/12 considerouno o artista máis influente na historia do rock arxentino, tras facer unha enquisa con celebridades do rock local.[2] En 2014 estabeleceuse por lei que o día do seu nacemento fose o Día Nacional do Músico na Arxentina.[3][4]