MMDS
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Servizo de Distribución Multipunto Multicanal, coñecido polas siglas inglesas MMDS (Multichannel Multipoint Distribution Service), é unha tecnoloxía de telecomunicacións sen fíos que se pode utilizar nas redes de banda larga aínda que o habitual é empregalo como un sistema alternativo para a recepción de programas de televisión por cable. A recepción dos sinais enviados vía MMDS require unha antena especial de microondas e un decodificador conectado ao televisor.
Utilízase xeralmente en áreas rurais, onde instalar unha rede por cable non é viable economicamente, pero tamén se utiliza nas cidades. A banda de MMDS emprega frecuencias de microondas con rangos de 2 GHz a 3 GHz en gama dependendo de cada país, así nos Estados Unidos vai dos 2.5 a 2.686 GHz[1].