Manuel Quiroga Losada
violinista e compositor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo.[1][2] Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate",[3] e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1892 Pontevedra, España |
Morte | 19 de abril de 1961 (69 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Conservatorio de París |
Actividade | |
Ocupación | caricaturista , compositor , pintor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Irmáns | Emilio Quiroga Losada |
Premios | |
Os grandes violinistas da súa época —Eugène Ysaÿe, Fritz Kreisler, George Enescu, Mischa Elman e Jascha Heifetz— así como compositores como Igor Stravinskii e Jean Sibelius, tiñan a arte de Quiroga en gran consideración.[3][5] Guilhermina Suggia, a violonchelista portuguesa, describiu a súa interpretación de Il trillo del diavolo de Giuseppe Tartini como "marabillosa e impecable".[2]