Margarida de Angulema
nobre francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Margarida de Angulema, chamada tamén Margarida de Francia, Margarida de Valois, Margarida de Alençon, Margarida de Navarra ou Margarida de Orleáns, nada en Angoulême (Francia) o 11 de abril de 1492 e finada en Odos (Altos Pireneos) o 21 de decembro de 1549, foi unha nobre francesa, princesa da primeira rama de Orleáns da dinastía dos capetos, duquesa consorte de Alençon (1509-1525), raíña consorte de Navarra (1527-1549), escritora e humanista. Foi unha muller moi avanzada no seu tempo. Segundo un libro de Vicente Díez Canseco, era coñecida pola súa beleza e talento.[1] Tiña un amplo coñecemento, falaba italiano e castelán ao mesmo nivel que o francés e tiña un grande interese na política.[1] Apreciada polo seu carácter aberto, a súa cultura e por facer da súa corte un brillante centro do humanismo, acolleu de bo grado os inicios da Reforma difundindo o evanxelismo e o platonismo. Como escritora a súa obra máis coñecida é o Heptaméron seguindo o modelo do Decamerón de Bocaccio pero coa inversión da situación no papel de homes e mulleres xa que na obra de Margarida son as mulleres quen ridiculizan os homes.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marguerite de Valois-Angoulême 11 de abril de 1492 Angoulême, Francia |
Morte | 21 de decembro de 1549 (57 anos) Odos, Francia |
Lugar de sepultura | Lescar Cathedral (en) |
Consorte real de Navarra | |
24 de xaneiro de 1527 – 21 de decembro de 1549 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Francia |
Relixión | Calvinismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e literatura francesa (pt) |
Ocupación | escritora , dramaturga , salonnière , poetisa , raíña |
Movemento | Humanismo |
Lingua | Francés medio, lingua latina, lingua italiana, lingua castelá e lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Consorte real de Navarra |
Familia | Dinastía Valois |
Cónxuxe | Henrique II de Navarra (1526 (Gregoriano)–) Carlos IV de Alençon (1509 (Gregoriano)–) |
Fillos | Xoana III de Navarra () Henrique II de Navarra João de Navarra (pt) () Henrique II de Navarra |
Pais | Carlos d'Orléans-Angoulême (pt) e Luísa de Saboia (pt) |
Irmáns | Jeanne d'Angoulême (en) e Francisco I de Francia |