Mary Beale
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Beale ou Mary Cradock (apelido do seu pai, que conservou até o seu matrimonio), nada en Great Barrow (no presente, Barrow, no condado inglés de Suffolk) o 26 de marzo de 1633 e finada o 8 de outubro[1] de 1699 en Londres, foi unha retratista inglesa, considerada unha das máis salientables e prolíficas do século XVII en Inglaterra. Tamén ten a consideración de ser a primeira pintora profesional do seu país. O seu libro "Observacións" ((en inglés) Observations), aínda que nunca publicado, é un dos primeiros libros de instrucións sobre a arte da pintura escritos por unha muller e, dun xeito consciente, presentouna como unha autoridade na pintura da época. Como muller, non respondeu aos estereotipos do momento debido ao seu talante aberto e ao feito de ser o sostén económico da súa familia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1633 (<26 de marzo de 1633) Barrow (en) |
Morte | 8 de outubro de 1699 (66 anos) Pall Mall |
Lugar de sepultura | St James’s Church, Piccadilly (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Actividade | |
Campo de traballo | Retrato pictórico |
Lugar de traballo | Eastleigh (en) Londres Walton-on-Thames (pt) |
Ocupación | pintora , artista |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Barroco |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Charles Beale |
Fillos | Charles Beale the Younger, Bartholomew Beale |
Pais | NN Cradock (en) e Dorothy (en) |