María de Aragón (raíña de Castela)
From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Aragón, nada o 24 de febreiro de 1403,[1] ao parecer en Medina del Campo (reino de Castela) e finada o 18 de febreiro de 1445 en Villacastín (reino de Castela), tamén coñecida como María de Trastámara, foi unha infanta de Aragón que ocupou o trono de Castela como consorte do rei Xoán II entre 1420 e 1445.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: María de Aragón.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1403 Castela |
Morte | 18 de febreiro de 1445 (41/42 anos) Villacastín |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Guadalupe |
Consorte real da Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Actividade | |
Ocupación | raíña consorte |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Infanta of Aragón (en) Raíña |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Xoán II de Castela (1420 (Gregoriano)–) |
Fillos | Henrique IV de Castela, Catarina de Catela, Leonor de Castela, Princesa das Astúrias (pt) |
Pais | Fernando I de Aragón e Leonor Urraca de Castela |
Irmáns | Sancho of Aragon (en) , Leonor de Aragón, Infante Peter, Count of Alburquerque (en) , Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón e Henrique de Trastámara de Aragón |
Pechar
Era filla de Fernando I de Antequera, infante e rexente de Castela, e rei de Aragón, e da súa esposa Leonor Urraca de Castela, III condesa de Alburquerque, polo que tamén se coñece como Leonor de Alburquerque.
Foi, ademais, a nai do rei Henrique IV de Castela, irmá dos «Infantes de Aragón» e tía de Fernando II de Aragón.