Max Frisch
From Wikipedia, the free encyclopedia
Max Rudolf Frisch, nado en Zürich o 15 de maio de 1911 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1991 foi un arquitecto e escritor suízo en lingua alemá dedicado especialmente ao teatro e á novela. Está considerado un dos máximos representantes da literatura en alemán posterior á segunda guerra mundial. Foi membro do Gruppe Olten.
Max Frisch nunha moeda de 20 francos suízos acuñados en 2011 para conmemorar o centenario do seu nacemento. | |
Nome orixinal | Max Rudolf Frisch Wildermuth |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de maio de 1911 Zürich, Suíza |
Morte | 4 de abril de 1991 (79 anos) Zürich, Suíza |
Causa da morte | Cancro colorrectal |
Datos persoais | |
Residencia | Zürich Roma |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | ETH Zürich Universidade de Zúric |
Actividade | |
Campo de traballo | Fiction (en) |
Ocupación | Escritor, arquitecto, xornalista |
Membro de | |
Xénero artístico | Novela, teatro |
Movemento | Gruppe Olten |
Lingua | Lingua alemá e lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables Stiller, Homo Faber | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Gertrud Constanze von Meyenburg Ingeborg Bachmann (1958-1963) Marianne Oellers (1968-1979) |
Parella | Ingeborg Bachmann (1958–1963) Käte Schnyder-Rubensohn (pt) |
Fillos | Ursula, Charlotte, Hans Peter |
Premios
| |
|
A obra de Frisch presta especial atención aos asuntos relacionados con problemas humanos como a identidade, a individualidade, a responsabilidade e o compromiso político e moral.[1] Para tratar eses temas, Frisch empregaba acotío a ironía. Os seus diarios Tagebuch 1946- 1949 (1950) e Tagebuch 1969- 1972 (1972) son obras de gran valor literario, xa que neles se recollen vivencias do autor e as súas opinións sobre acontecementos históricos. A súa figura serve de influencia para xeracións de escritores máis novos.[2]