Mazarico rabinegro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mazarico rabinegro[2][3][4] (Limosa limosa) é unha ave limícola. Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Mazarico rabinegro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mazarico rabinegro | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Limosa limosa (Linnaeus, 1758) Brisson,1760 | |||||||||||||||||
Distribución do mazarico rabinegro | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Scolopax limosa Linnaeus,1758 |
Pechar
Emigra en bandadas a Europa, sur de Asia, África e Australia.
En Galicia pódese ver a finais de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove, e no esteiro do Miño.