Membrana celular
From Wikipedia, the free encyclopedia
A expresión membrana celular usouse historicamente con dous significados diferentes:
- Membrana plasmática, a membrana que universalmente envolve o citoplasma das células. Este uso de membrana celular non é o orixinal, pero está extraordinariamente estendido, sobre todo nos textos de fala inglesa, nos que con frecuencia cell membrane se usa como sinónimo de plasma membrane [1][2][3][4][5][6][7]. Cando se usa en plural (cell membranes) faise referencia a todas as membranas da célula.
- Parede celular, tamén chamada membrana de secreción, unha cuberta máis ou menos resistente que cobre a todas ou á maioría das células das plantas, os fungos e os protistas pluricelulares. En realidade, con microscopio óptico non se distingue a parede celular da membrana plasmática e inicialmente considerábase como un todo, polo que este conxunto foi o significado orixinal de membrana celular. Este significado de membrana celular apenas se usa actualmente.