Meteorización
From Wikipedia, the free encyclopedia
A meteorización é a descomposición das rochas, solos e os minerais terrestres a través do contacto directo coa atmosfera do planeta. A meteorización ocorre in situ, ou "sen movemento", e, polo tanto, non debe ser confundida coa erosión, que implica o movemento de rochas e minerais por axentes como a auga, xeo, vento e gravidade.
Hai dous tipos principais de meteorización - a meteorización física e química. Na mecánica ou física a meteorización implica a desagregación das rochas e solos través do contacto directo coas condicións atmosféricas, tales como a calor, auga, xeo, e presión. A meteorización química, precisa do efecto directo dos axentes atmosféricos químicos ou biolóxico producidos na ruptura de rochas, solos e minerais. Os materiais producidos pola ruptura da rocha combinados coa materia orgánica xera solo. O contido mineral do solo vén determinado polo material parental, un solo derivado dun único tipo de rocha pode ser deficiente nun ou máis minerais para garantir unha boa fertilidade, mentres un solo derivado dunha mestura de diversos tipos de rocha (sedimentos glacial, eólico ou aluvial) é as máis das veces fértil.