Rocha
agregado natural formado por un ou máis minerais / From Wikipedia, the free encyclopedia
En xeoloxía chámase rocha ou roca a calquera agregado natural formado por un ou máis minerais. Un agregado é un sólido cohesionado. As rochas xeralmente están constituídas por varias especies mineralóxicas, pero tamén existen rochas constituídas por un só mineral (rochas monominerálicas), por exemplo algúns mármores (formados unicamente por calcita).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Na codia terrestre distínguense tres tipos de rochas:
- rochas ígneas ou magmáticas: rochas formadas pola solidificación do magma ou da lava.[1]
- rochas metamórficas: rochas formadas por transformacións de rochas xa consolidadas da codia da Terra.[2]
- rochas sedimentarias: rochas formadas como resultado da erosión ou dun precipitado de químicos.[3]
As rochas están sometidas a continuos cambios polas accións dos axentes xeolóxicos, segundo un ciclo pechado (o ciclo das rochas), chamado litoxénese, no cal interveñen ata os seres vivos.