Microevolución
From Wikipedia, the free encyclopedia
A microevolución é a evolución a pequena escala; é dicir, por debaixo do nivel de especie. A microevolución contraponse coa macroevolución, pero a diferenza entre elas é só de tempo e escala. A macroevolución ocorre no nivel de especie ou por riba do nivel de especie e durante longos períodos de tempo xeolóxico, e a microevolución ocorre por debaixo do nivel de especie e en escalas de tempo pequenas por variacións das frecuencias alélicas.[1] Segundo a escola da síntese evolucionista moderna unha acumulación de cambios microevolutivos orixina os cambios macroevolutivos, agás excepcións de casos de especiación súbita (por duplicacións xenómicas, por exemplo[2]).[3]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |