Minecraft
videoxogo de mundo aberto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Minecraft é un videoxogo de mundo aberto tipo sandbox creado orixinalmente polo deseñador e programador sueco Markus "Notch" Persson e desenvolvido e publicado posteriormente pola empresa fundada por el, Mojang.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Minecraft | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Mojang Studios e Microsoft |
Distribuidora(s) | Mojang (PC, móbil, Wii U), Microsoft Studios (XBOX360, XBOXONE, Windows Phone, Windows 10), Sony Computer Entertainment (PS3, PS4, PS Vita) |
Deseñador(es) | Markus Persson (2009-2011) Jens Bergensten (2011-) |
Artista(s) | Markus Toivonen |
Compositor(es) | Daniel Rosenfeld |
Lanzamento | Lista
|
Xénero | Sandbox, mundo aberto, supervivencia |
Modos de xogo | Un xogador, multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, OS X, Linux, Android, iOS, Windows Phone, Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3, PlayStation 4, PlayStation Vita, Raspberry Pi, Universal Windows Platform, Wii U |
Lingua/s | Multilingüe |
Na rede | |
http://www.minecraft.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en 3D xerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate. Dispón de varios modos de xogo, incluíndo un modo de supervivencia no que o xogador debe conseguir recursos para construír o mundo de xogo e manter a súa saúde, un modo creativo no que os recursos son ilimitados e o xogador ten a capacidade de voar, un modo de aventuras que permite xogar niveis e mapas creados por outros xogadores e un modo espectador no que os xogadores poden voar e observar o mundo pero sen interactuar con el. A versión para PC do xogo destaca pola súa comunidade de modding.
Minecraft recibiu boas críticas dos medios trala súa publicación, e recibiu varios nomeamentos e premios. A data de xuño de 2016 vendéranse máis de 106 millón de copias no conxunto de tódalas plataformas, e tiña máis de 40 millóns de xogadores únicos ó mes, converténdose no videoxogo de PC máis vendido ata esa data e o segundo videoxogo máis vendido de tódolos tempos. En setembro de 2014 Microsoft anunciou un acordo para adquirir Mojang e a propiedade intelectual de Minecraft por unha cantidade de 2 500 millóns de dólares, completando a adquisición dous meses despois.