Música hip hop
xénero musical composto por música rítmica estilizada que normalmente acompaña ao rap / From Wikipedia, the free encyclopedia
A música hip hop, tamén coñecida como música rap e anteriormente coñecida como disco rap,[1][2] é un xénero de música popular orixinado no Bronx,[3][4][5][6] barrio da cidade de Nova York a principios da década de 1970 por afroamericanos,[7][8][9] aínda que existiu durante anos antes do descubrimento convencional.[8] Consiste en música rítmica estilizada que, normalmente, acompaña ao rap, un discurso rítmico e rimado que se canta.[10] Desenvolveuse como parte da cultura hip hop, unha subcultura definida por catro elementos estilísticos clave: MC/rapping, DJ/scratching, breakance e a arte graffiti.[11][12][13] Ademais de características musicais coma os sampleos ou sintetizados doutras cancións, turntablism, scratching ou beatboxing.
Música hip hop | |
---|---|
Orixe musical | Funk, Disco, R&B, Jazz, Reggae, The Dozens, Scat, Blues falado, Poesía performance, Spoken word |
Orixe cultural | Comezos da década de 1970, Bronx, Nova York, Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Tocadiscos, Sintetizador, Rap, Caixa de ritmos, Sampler, Beatboxing, Secuenciador, Caixa de ritmos |
Derivados | Baltimore club, Breakbeat, Florida breaks, Funk carioca, Ghetto house, Ghettotech, Glitch hop, Grime, Illbient, Freestyle latino, Nu metal, Reguetón, Wonky |
Subxéneros | |
Hip hop alternativo, Boom bap, Música bounce, Hip hop británico, Brooklyn drill, Chap hop, Rap chicano, Chopped and screwed, Chopper, Hip hop cristián, Cloud rap, Rap comedia, Crunk, Crunkcore, Desi hip hop, Dirty rap, Drill, East Coast, Freestyle rap, Gangsta rap, G-funk, Hip hop hardcore, Hipster hop, Horrorcore, Hyphy, Memphis rap, Miami bass, Mumble rap, Nerdcore, Phonk, Plugg, Hip hop político, Rap progresivo, Música snap, Hip hop do sur, Trap, Tread, Turntablism, Drill británico, Hip hop underground | |
Aínda que a miúdo se usa para referirse unicamente ao rap, o hip hop denota máis correctamente a práctica de toda a subcultura.[14][15] O termo música hip hop úsase ás veces como sinónimo do termo música rap,[10] aínda que o rap non é un compoñente obrigatorio da música hip hop; o xénero tamén pode incorporar outros elementos da cultura hip hop coma os anteriormente mencionados.[16][17]