Naisten Liiga 2017-2018
36ª edición da Naisten Liiga / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2017-2018 da Naisten Liiga foi a 36ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 16 de setembro de 2017[1] e concluíu o 4 de marzo de 2018.[2] Pola súa banda os play-offs comezaron o 6 de marzo de 2018 e finalizaron o 4 de abril coa disputa do cuarto partido das finais.
Naisten Liiga 2017-2018 | |
---|---|
Liga | Naisten Liiga |
Deporte | Hóckey sobre xeo |
Duración | de setembro a marzo |
Liga regular | |
Anotador | Linda Välimäki (Ilves) |
Play-offs | |
Campión | Kärpät |
Subcampión | Ilves |
Semifinais | Team Kuortane |
Naisten Liiga | |
← 2016–17 | 2018–19 → |
Ao finalizar a tempada as Kärpät revalidaron o título conquistado a tempada precedente logo de derrotar nas finais (1-3) ao Ilves, proclamándonse campioas por terceira vez na súa historia. Pola súa banda o Team Kuortane fixo historia ao conseguir a súa primeira medalla logo de derrotar ás Blues en Espoo (0-5) no partido polo bronce.[3]
Nesta edición participaron un total de oito equipos e non se produciron descensos ao ampliarse a liga ata os dez equipos para a tempada 2018-19 ascendendo os dous mellores equipos da Mestis.