Narf
cantante e compositor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Xavier Pérez Vázquez,[1][2] nado en Silleda o 24 de abril[3] de 1968[1][4][5] e finado en Santiago de Compostela[3] o 15 de novembro de 2016,[6] máis coñecido como Narf,[7] nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez,[8][9][10][11] foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra,[12][13] que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras.[14][15][16] Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais.[17] Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega[18] e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.[13][18][19][20]
Narf no MICSUR, Mar del Plata, Arxentina, o 17 de maio de 2014. (2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Francisco Xavier Pérez Vázquez 24 de abril de 1968 Silleda, España |
Morte | 15 de novembro de 2016 (48 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | compositor , guitarrista , cantante |
Xénero artístico | Música rock |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Instrumento | Voz e guitarra |