Nefropatía diabética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A nefropatía diabética, tamén coñecida coma síndrome de Kimmelstiel-Wilson, glomeruloesclerose nodular diabética ou glomerulonefrite intercapilar, é unha doenza renal progresiva producida por un dano anxiopático nos capilares do glomérulo renal por mor de anos de evolución da diabetes mellitus (DM). Constitúe a primeira causa de nefropatía terminal nos Estados Unidos, e unha das principais causas de mortalidade relacionadas coa DM.[1]
Nefropatía diabética | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Biopsia dunha glomerulosclerose nodular nun síndrome de Kimmelstein-Wilson. | |
ICD-10 | E10.2, E11.2, E12.2, E13.2, E14.2 |
ICD-9 | 250.4 |
MedlinePlus | 000494 |
MeSH | D003928 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A afectación renal na diabetes adoita aparecer nun terzo dos diabéticos, e semella ser máis frecuente nos afectos por diabetes mellitus tipo I. Os síntomas renais aparecen aproximadamente 10 anos após o diagnóstico de diabetes, e teñen máis propensión a esta afectación renal os doentes cuxo control dos niveis de glicemia foi inaxeitado ou difícil.[2]