New Lanark
From Wikipedia, the free encyclopedia
New Lanark é unha aldea no río Clyde, aproximadamente a 2´3 km. de Lanark, en Lanarkshire, e úns 40 km. ao sueste de Glasgow, Escocia. Fundouse en 1785 e inaugurouse en 1786 por David Dale, quen construíu fabricas de algodón e vivendas para os traballadores da fábrica. Dale construíu alí os muíños nunha breve colaboración co inventor e empresario inglés Richard Arkwright para aproveitar a enerxía da auga que proporcionan as únicas fervenzas do río Clyde. Baixo a propiedade dunha sociedade que incluía ao xenro de Dale, Robert Owen, un socialista utópico e filántropo, New Lanark converteuse nun negocio exitoso e nun primeiro exemplo dun asentamento planificado e, polo tanto, un fito importante no desenvolvemento histórico da planificación urbanística.[1]
New Lanark | |
---|---|
A aldea de New Lanark cos seus edificios de muíños e o río en primeiro plano | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Reino Unido |
Localización | South Lanarkshire, Escocia |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, VI |
Inscrición | 2001 (25ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 429 |
As fábricas de New Lanark funcionaron ata 1968. Despois dun período de declive, en 1974 fundouse o New Lanark Conservation Trust (NLCT) (agora coñecido como lanark-trust.shtml New Lanark Trust[Ligazón morta] (NLT)) para evitar a demolición da vila. En 2006 a maioría dos edificios restauráronse e a vila converteuse nunha atracción turística. É un dos seis Patrimonio da Humanidade da UNESCO de Escocia[2] e un punto de ancoraxe de ERIH, a Ruta Europea do Patrimonio Industrial.